loading

Fomento do emprego

 


PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2023

 

O Concello de Vigo financia o proxecto da Fundación Menela denominado “Mellora da calidade asistencial en servizos para persoas con TEA”.

O Concello de Vigo subvenciona á Fundación Menela cun importe de 8.734,72 euros para a contratación de persoal no marco do proxecto “Mellora da calidade asistencial en servizos para persoas con TEA”, o cal ten a finalidade de:

  •  Xestión da biblioteca de recursos para o Autismo da Fundación Menela
  •  Seguimento/actualización do modelo de xestión e organización dos seus fondos documentais, tanto físicos como dixitais.

Para elo, contará entre os meses de abril a xullo de 2023 cunha experta en biblioteconomía e documentación.

 

 


PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2022

 

 

O Concello de Vigo financia o proxecto da Fundación Menela denominado “Mellora da calidade asistencial a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”

O Concello de Vigo subvenciona á Fundación Menela cun importe de 10.648,90 euros para a contratación de persoal no marco do proxecto “Mellora da calidade asistencial a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”, o cal ten a finalidade de:

  1. Información, orientación e asesoramento a persoas e familias con TEA.
  2. Atender aos trámites administrativos propios do servizo.
  3. Baixo a dirección da área económica, levar a facturación ás persoas usuarias e outros clientes.
  4. Apoiar na tramitación de proxectos do servizo.
  5. Atención telefónica e recepción das persoas que asisten ao servizo. 

Para elo, contará entre os meses de marzo a xullo, cunha oficial 2ª administración

Fundación Menela | 20 de xuño de 2022

 

 PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2021

 

O Concello de Vigo financia o proxecto da Fundación Menela denominado “Mellora da calidade asistencial en servizos para persoas con Trastorno do Espectro do Autismo do Centro Menela"

O Concello de Vigo subvenciona á Fundación Menela cun importe de 14.999,94 euros para a contratación de persoal no marco do proxecto “Mellora da calidade asistencial en servizos para persoas con Trastorno do Espectro do Autismo do Centro Menela”, o cal ten a finalidade de:

  •  Organizar e poñer en marcha unha biblioteca de recursos para o autismo
  •  Dotar a entidade dun modelo de xestión e organización dos seus fondos documentais
  •  Adecuar as condicións de uso das instalacións

Para elo, contará entre os meses de maio a xullo, con unha experta en biblioteconomía e documentación e un oficial 1ª oficios.

Fundación Menela Ι 9 de Xullo de 2021

 


PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2018

O Concello de Vigo financia, no marco do programa para o Fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2018, o proxecto de Fundación Menela “Apoio ás Persoas con Trastorno do Autismo (TEA)”. 

Fundación Menela recibiu o apoio do Concello de Vigo, cun importe de 9.257,07 euros, para a contratación de persoal, que permite desenvolver este proxecto, da cal a finalidade é a de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, tanto a nivel psíquico, físico e social, como na súa contorna.

Fundación Menela conta cun Oficial 1ª Administrativo e un Oficial 1º de oficios, perfis profesionais especializados que, desde as diferentes áreas de actuación, traballan no deseño de proxectos de captación de fondos, información a familias, apoio administrativo, e mantemento, reparación e mellora das instalacións da fundación, para proporcionar unha contorna máis saudable para as persoas con TEA e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.

 

 


PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2017

 

O Concello de Vigo financia, no marco do programa para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2017, o proxecto de Fundación Menela “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”

Fundación Menela recibiu o apoio do Concello de Vigo, cun importe de 11.494,16 euros, para a contratación de persoal, o que permitiu desenvolver “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”, un proxecto que ten a finalidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, tanto a nivel psíquico, físico e social, como na súa contorna.

Fundación Menela contou cun Técnico de Xestión Administrativa e un Oficial 1º de Carpintaría, perfis profesionais especializados que, desde as diferentes áreas de actuación, traballaron no deseño de proxectos de captación de fondos e información a familias, e mantemento, reparación e mellora das instalacións da fundación, para proporcionar unha contorna mais saudable para as persoas con TEA e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.

Fundación Menela | 10 de xullo de 2017

 

 


PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2016

O Concello de Vigo financia, no marco do programa para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2016, o proxecto de Fundación Menela “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”

Fundación Menela recibiu o apoio do Concello de Vigo, cun importe de 17.684,49 euros, para a contratación de persoal, o que permitiu desenvolver “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”, un proxecto que ten a finalidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, tanto a nivel psíquico, físico e social, como na súa contorna.

Durante un periodo de tres meses, Fundación Menela contou cunha Diplomada en Traballo Social, un Monitor Deportivo, unha Coidadora de persoas con TEA e un Peón de Mantemento, perfis profesionais especializados que, desde as diferentes áreas, traballaron na información, orientación e asesoramento a persoas con TEA e familiares; deseño de proxectos de captación de fondos; mellora das capacidades físicas e motoras das persoas con TEA; mantemento, reparación e mellora das instalacións da fundación, para proporcionar unha contorna mais saudable para as persoas con TEA e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.